FOSDEM 2014!

Este último fin de semana estiven tiven a oportunidade de asistir a FOSDEM. A “Free ans Open Source Software Developers European Meeting” ou, para os non que non entenden o idioma de Shakespeare, Encontro Europeo de Desarrolladores de Softare Libre e de Codigo Aberto. Antes de nada unha dicir que foi unha grandísisma experiencia, unhas charlas incribles a oportunidade de reunirse e falar con xente que xa coñecera noutros eventos como a GUADEC ou a GUADEC-es de Madrid.

Foto sacada por Efstathios Iosifidis

O primeiro evento da FOSDEM foi unha enorme festa privada que se celebrou no Delirium Café, coñecido por ser a cervexería do mundo co record Guinness en variedade de cervexa ofertadas. Como se pode ver na foto a cantidade de xente que alí había era enorme. De feito case pasabamos tanto tempo pedindo a cervexa como tomandoa (o cal semella un problema). Pese a espera tanto a calidade da cervexa como o bon rollo que tiñan os camareros fai deste local un sitio ao que volver (quizais na próxima FOSDEM [emoji person raising both hands in celebration] ).

Xa no evento en si o que máis me impactou foi a enorme cantidade de xente que asistiu o evento. Na charla final cifraban a asistencia en aproximadamente 5000 persoas o cal é unha cantidade enorme e de feito en moitas ocasións as salas das charlas tiñan que colgar o cartel de “We’re FULL” ou directamente era imposible entrar xa que non collía ninguén máis nin sentado nin de pé na aula.

Puiden asistir a un monton de charlas sobre Javascript e tecnoloxías Web no DevRoom de Mozilla e no propio de JS. E tamén fun a varias de Python, a unha de Wine, onde puiden ver en funcionamento o aplicativo para Android (incrible!!); e a outras charlas variadas. Todas moi moi interesantes. Foi realmente unha gran experiencia tanto polas charlas, como polo ambiente totalmente geek (nunca vin tantas camisetas frikis xuntas no mesmo edificio [emoji smiling face with open mouth]).

O último día dedicamolo a facer turisteo pola cidade. A verdade é que me sorprendeu gratamente. Ademais do Manneken Pis (aka Neno Mexón), a plaza central é moi bonita e a cidade está repleta de murais moi chulos.

Quería tamén dar gracias a Asociación Universitaria GPUL, da cal son secretario, por patrocinarme nesta viaxe. Moitas gracias por darme esta gran oportunidade e ata o próximo ano FOSDEM! [emoji ok hand sign]