Fai un par de semanas a un compañeiro deulle un ataque epiléptico no medio dunha clase e cando pensamos en como contactar cos seus pais para avisalos, decatámonos de que ningún dos presentes tiña o seu móbil e o único que conseguimos foi o teléfono fixo da casa. Este tipo de cousas fanme replantearte que pasaría se me pasase iso a min non so no medio dunha clase con xente que aínda que non ten contacto directo con meus pais, pode conseguilo senón no medio da rúa onde non haxa ninguén que me coñeza.
Existe algunhas iniciativas a nivel estatal como AA ou internacional como ICE para incluir na lista de contactos do móbil os teléfonos de aquelas persoas que queres que sexan avisadas en caso de accidente. Non obstante, de pouco sirve ter estes teléfonos na lista de contactos se o terminal ten un patrón de desbloqueo ou unha clave que impide que se que calquera persoa poida acceder a lista de contactos.
Existen algunhas opcións comerciais para poñer widgets na pantalla de bloqueo como pode ser “ICE: En Caso de Emergencia” mais esta aplicación é de pago e tampouco é que me sobre a memoria RAM do móbil para meter este tipo de programas. Optei por unha solución máis simple.
A miña versión de Android permite amosar na pantalla de bloqueo un texto con información do propietario polo que puxen nese texto o teléfono de meu pai xunto coa sigla AA de forma que cando alguén intente desbloquear o terminal tamén verá esa mensaxe. Por se lle interesa a alguén, na miña ROM de Android (baseada en CyanogenMod) esta opción atopase en Axustes > Bloqueo de pantalla > Información del Propietario. O resultado podese ver na captura de pantalla seguinte:
Un saúdo e espero que lle sirva a alguén esta solución.