O último xoves Santi (@ssice) e máis eu estivemos dando unha charla na FIC sobre Python que entitulamos “Python. Adestrando Serpes”. Aquí podedes ver unha foto que sacou Castro (@castrinho18) na que se nos pode ver a punto de comezar a falar.
A charla estaba enmarcada dentro das XII Xornadas Libres que organiza o GPUL. O GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) é unha asociación universitaria que promociona o uso do software libre a través de eventos como este no que puidemos participar. Outro dos eventos que organizou e que foi o de maior magnitude ata o momento foi a GUADEC que se celebrou a principios do último mes de agosto.
Na charla falamos sobre Python e explicamos tanto cousas básicas (tipos de datos, estructuras de control, etc.) como aspectos máis avanzados da linguaxe (xeradores, características funcionais, etc.). As transparencias que usamos podense obter a través de GitHub.