Cando facía primeiro de carreira tiñamos o dereiro de imprimir todo o que quixeramos en blanco en negro tendo so que poñer os folios. Considero que si, quizais era algo excesivo e que en moitos casos abusábase do servizo, mais o que si foi excesiva foi a alternativa que impuxo o Banco Santander (empresa concesionaria do servicio de impresoras así como da elaboración das tarxetas universitarias). No prazo dun mes eliminouse o servizo e a partir dese momento so se poderían imprimir de forma gratuita 150 copias. Como podedes entender calquer estudante necesita máis que esa cantidade de follas para imprimir os apuntes das asignaturas que cursa.
Para intentar evitar a supresión deste dereiro convocaronse na facultade tres reunións en semanas consecutivas para falar como ían as negociacións (por chamarlle dalgunha forma) co rectorado e que íamos facer o respecto. A pesar de que o rectorado se quedou practicamente sen argumentos a asistencia as reunións non alcanzou a vintena de persoas contando aos representantes.
O xoves da semana pasada foron convocadas en todo o estado español manifestacións de rechazo ás medidas do goberno coa educación, na páxina web do movemento, denominado #11×12 podemos atopar esta información:
A campaña 11×12 xorde por iniciativa de diferentes organizacións estudantís e xuvenís dos diferentes pobos do Estado Español. Estes coletivos temos unhas reivindicacións comúns debido a compartir o marco administrativo imposto, así como a condición de xuventude da clase traballadora.
O noso obxetivo é promover unha mobilización estudantil o 11 de outubro (X) de 2012, e que se desenvolva de punta a punta do Estado para denunciar os ataques do goberno central ao ensino, unha das fontes de riqueza máis importantes da sociedade. Todo isto a través do internacionalismo e a solidaridade entre os pobos.
Tampouco é que o manifesto diga nada fora do común, simplemente rechazanse frontalmente as medidas de recorte no eido da educación. Na fotografía superior podedes comprobar a cantidade da xente que asistiu a manifestación convocada na UDC. Non creo que chegase as cincuenta persoas. Continúe lendo Mocidade (In)Activa